viernes, 23 de febrero de 2018

DÍA DE ROSALÍA -ABRIDE A FIESTRA-

https://photos.app.goo.gl/nB9G5Esw0A26kpdN2

Temos todo preparado para a celebración do 
DÍA DE ROSALÍA, 
o vindeiro luns!
https://photos.app.goo.gl/jAOcmR9Hy52EmdH53
Máis fotos aquí

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1062
Actividades nas Bibliotecas Escolares de Galicia
https://issuu.com/revistagalegadeeducacion/docs/rge_57_completa

Este é o completo documento que Nova Escola Galega comparte co gallo da celebración do día de Rosalía.

jueves, 22 de febrero de 2018

CHARLA SOBRE O ACOSO ESCOLAR

https://photos.app.goo.gl/YHWMVRM6veiVpjh42
PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTOS

Esta mañá tivemos a sorte de escoitar de novo á Inspectora da Policía Nacional que se encarga das charlas sobre o ACOSO ESCOLAR E O CIBERBUYING
NON MÁIS 
TESTIGOS/ESPECTADORES PASIVOS:
ACTÚA!
Unha vez máis  agradecemos á ANPA esta iniciativa, que se suma ao facer diario das familias e as escolas: educar na convivencia e o respecto aos demais.

https://www.policia.es/org_central/seguridad_ciudadana/unidad_central_part_ciudada/triptico_3_4.pdf
3º e 4º
https://www.policia.es/org_central/seguridad_ciudadana/unidad_central_part_ciudada/triptico_5_6.pdf
5º e 6º

https://www.policia.es/juegos/index.php


Charla o curso pasado...

martes, 20 de febrero de 2018

VISITA AO TERCIO NORTE - 481ª aniversario da creación da Infantería de Marina

https://photos.app.goo.gl/ZL6kyuTMLSNjfNLl1
Recoméndoche premer ; )

http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/173638
Podes ver a noticia en Galicia Ártabra Digital

lunes, 12 de febrero de 2018

DE COMPARSA POR FERROL!

VAIA GRUPO GUAPO!!
SEGUIREMOS PUBLICANDO, 
PERO QUE SAIBADES QUE ESTA COMPARSA, 
CON OU SEN PREMIO, XA ARRASA!

E AGORAAAAAAA!!! TACHÁAAAAAÁN!!!
O VÍDEO EN DÚAS TOMAS DISTINTAS!
PERO QUE MÁIS PODEMOS PEDIR?
ENLAZA CO VÍDEO DO CONCELLO
https://photos.app.goo.gl/mLi5LxtyTsRIrg5X2
E NOVAMENTE, DENDE OUTRO ÁNGULO  
https://www.galiciaartabradigital.com/archivos/173213
Tamén podes ver Gráficas "simpáticas" do desfile en Ferrol, premendo en Galicia Ártabra
https://www.lavozdegalicia.es/album/ferrol/ferrol/2018/02/12/carnaval-toma-ferrol/01101518464697103400660.htm
Aquí tamén saímos
http://www.ferrol.gal/Concello/NovasAmpliar/4025

viernes, 9 de febrero de 2018

ENTROIDO, 2018


Podedes ver o resto das imaxes, se premedes nesta!

Esta mañá tivemos un problema coa cámara, así que estamos recollendo as achegas das familias que estiveron con nós e fixeron a súas fotos cos teléfonos móbiles. Seguimos recollendo, se tedes algo, enviade!!  
MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS!!!, 
QUE FARIAMOS SEN VÓS?


https://photos.app.goo.gl/nFkwgpSpiJspcGHn2
Premede para ver o VÍDEO da COMPARSA

Este ano disfrazámonos de granxeiros, granxeiras e animais de granxa. E o luns, a ANPA, coa colaboración dalgunhas profes enrolladas e moitos pais e nais, e peques, claro,  está disposta a arrasar nas COMPARSAS DE FERROL. Xa sabedes, se vos apetece, estades a tempo de gozar da música, o humor e os disfraces deste ENTROIDO!

VIVA O ENTROIDO 2018!!!

domingo, 4 de febrero de 2018

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Este venres celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA PAZ. Como cada curso, elaboramos un libro colectivo e este día fixemos a lectura ante o resto de compañeiros e compañeiras. O deste ano leva como tema a nosa convivencia, entendendo que a PAZ comeza moi perto de nós, no noso entorno máis próximo, a nosa familia e o noso colexio. Non credes?
O acto comezou cun libro que nos contou a profe Rosa, El país de las pulgas, de Beatrice Alemagna, de PHAIDON.
E se un día as pulgas que viven nun colchón montaran unha festa? Un conto divertido sobre a diferenza e a tolerancia para o público infantil de todas as idades. Escrito e ilustrado coa encantadora técnica de Beatrice Alemagna, que mestura tecidos, encaixe e collage, unha combinación inédita nun libro destas características. Esta sinxela narración, protagonizada por uns simpáticos personaxes con encanto universal, é ideal para ler en voz alta ou para os novos lectores que empezan a ler. 

A continuación, a lectura do noso CONTO COLECTIVO DA PAZ,  que rematamos cunha fermosa sesión de ABRAZOTERAPIA proposta polo alumnado de 1º e 2º. Se queredes ver todas as imaxes, xa sabedes, coma sempre, premede en calquera das fotos que vedes aquí...
https://photos.app.goo.gl/lmG68QecyDP5jok63

https://photos.app.goo.gl/lmG68QecyDP5jok63

https://photos.app.goo.gl/lmG68QecyDP5jok63

https://photos.app.goo.gl/lmG68QecyDP5jok63

https://photos.app.goo.gl/lmG68QecyDP5jok63

https://photos.app.goo.gl/lmG68QecyDP5jok63


 

miércoles, 17 de enero de 2018

20000 LEGUAS DE VIAXE SUBMARINA

https://photos.app.goo.gl/4sNqUKYVzg8BSLe22
PREME NA FOTO E ACCEDE AO ÁLBUM
https://photos.app.goo.gl/4sNqUKYVzg8BSLe22
Este martes visitamos AQUARIUM FINISTERRAE,  a Casa dos Peixes de A Coruña. Coma sempre, é agradable pasear nun ambiente tan relaxante, e cheo de curiosidades: Un mundo fascinante. 
Foi unha visita moi rápida, e bastante acelerada, sobre todo para os máis pequenos, xa que non tiveron tempo dabondo para ver tantos e tantos animaliños que lles chamaban a atención. 
Visitamos as súas salas e atendemos ás explicacións da guía. Por exemplo, aprendemos que un polbo ten tres corazóns e nove cerebros; que hai peixes que teñen ás e patas; as diferencias entre as mantas e as raias, ... Pero, unha vez máis, o que máis nos impresionou foi o tempo (pouco, iso si) que pasamos na sala Nautilus. Aí segue Gastón, ben alimentado e coidado...
A baixada a esta sala, coas imaxes do libro de Xulio Verne, 20000 leguas de viaxe submarina, segue  gardando un encanto especial!

lunes, 8 de enero de 2018

QUERIDOS AMIGOS!

Esta mañá visitáronnos Dani e a súa nai, Ana. Hai catro anos que marcharon do noso cole, ademais de deixar atrás a súa terra. Mirando cara ao futuro con moita valentía, acomodáronse, por fin, en Xenebra. Hoxe non podiamos perder a ocasión de telos na clase e charlar con eles de todo o que nos dou tempo: a súa vida alí, os difíciles comezos, os estudos, as relacións de novas amizades, a sanidade, o transporte, os costumes, o traballo, o tempo de lecer... Que interesante, canto proveito tiramos da súa visita e canto nos agradou a súa compañía.
Durante o tempo que compartimos, recordamos tamén unha  sesión na Biblioteca no ano 2013, na que entre os dous contaran "O PEIXE ARCOIRIS"
http://biblospazos.blogspot.com.es/2013/03/contacontos-no-recreo-o-peixe-arco-iris.html
Preme na imaxe se queres recordar aquela sesión
Dende aquí enviámoslles toda a enerxía e ánimo para que continúen o seu camiño, sen esquecer a súa casa. ATA SEMPRE!!







 

jueves, 21 de diciembre de 2017

FESTIVAL E DESPEDIDA DO ANO

https://photos.app.goo.gl/E6YN5xPcm8u9fLDB2
SE QUEREDES VER 117 FOTOS MÁIS..., XA SABES!
 https://photos.app.goo.gl/E6YN5xPcm8u9fLDB2
A despedida do primeiro trimestre foi esta mañá no Salón de Actos coas familias que puideron acompañarnos. Pero antes disto, visitounos Papá Noël, temos algunha foto que dá testimonio disto. Queredes velas? Shhhh!, entrou polas fiestras dos máis pequenos. Alucina!!

 


 A música foi a protagonista, xa que a profe Kelly preparou "EL REY LEÓN" con todos os cursos: Scar, Timóns e Pumbas, Zazús, flamengos, Nalas e Simbas, cebras, hienas, elefantes e xirafas; VAIA SELVA máis poboada! Non hai máis que ver as fotos para facerse unha idea do traballo de organización que isto supuxo. Pero podemos consideralo UN EXITAZO A SUMAR! Pasámolo xenial con estes artistas que temos no cole. 
Logo disto, algo de doces e turróns para parolar un pouco coas familias, saudar a exalumnos e exalumnas, que sempre nos fan felices coas súas visitas,  e desexarnos FELICES FESTAS.
 PAIS, NAIS, ANPA, 
GRAZAS POLO VOSO APOIO E ATA A VOLTA!!


QUEREMOS RECORDARVOS QUE MAÑÁ SAÍMOS EN GALICIA VIVA, A PARTIR DAS SETE DA TARDE! (GRAVACIÓN DO APALPADOR)

E por último, algunha outra foto que imos recuperando... flamengos, xirafas, hienas..., nun pousado digno dunha alfombra vermella.




FELICES FESTAS!

QUEREMOS RECORDARVOS QUE MAÑÁ SAÍMOS EN GALICIA VIVA, A PARTIR DAS SETE DA TARDE! (GRAVACIÓN DO APALPADOR)