domingo, 11 de marzo de 2018

MAXIA EN FEMININO! - MAGA FELI!-

https://photos.app.goo.gl/kPxrjnmTJmN1mmCj1
Seguimos publicando imaxes; agora, as do broche que puxo fin á xornada de busca de tesouros na Biblioteca polo DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. A nosa ex compañeira Feli fixo as delicias dos pequenos e pequenas; non tedes máis que fixarvos nas fotos... 
Non sabemos como adquiriu os seus poderes, pero o caso é que deixounos coa boca aberta en máis dunha ocasión. Se cadra, as fermosas palabras que Antón Cortizas lle adicou no seu momento, teñen moito de certo, non si? 
"Cun pión de palabras, o pole dos teus soños encheu de sons e maxia o universo das túas aulas" E é o que segue a facer!
MIL GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS 
OS TEUS PODERES MÁXICOS! 
E, ATA OUTRA? 

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Grazas por permitirme compartir con todas e todos o día da Muller, facendo unha actividade que sigue ilusionándome como cando traballaba nese colexio, no meu colexio. E, se ademais tamén fun capaz de transmitir emocións e maxia… pois xenial!
Vaia recordo! Que fotos máis bonitas!
Ata a próxima vez!
Bicos de Feli.

Chispa dixo...

Grazas a ti por seguir recordando o colexio e contar con nós para compartir eses momentos máxicos que tanto nos gustan. Mímasnos, e nós, dexámonos ; )
Bicos a moreas!