mércores, 18 de abril de 2018

CONTACONTOS: "NEGROS E BRANCOS"



https://photos.app.goo.gl/rcRbgSjHjffe0X1A3
Segundo contacontos! Esta mañá contaron Samuel e Diego. Animáronse a lernos "NEGROS E BRANCOS", de David Mckee, publicado por Xerais. Temos que dicir que o fixeron moi ben, tan ben, que recibiron as felicitacións dos maiores de sexto que estaban escoitando. Estamos desexando que repitan esta experiencia.
Moitas Grazas, Diego e Samuel por amosarnos esta historia na que " Hai moito tempo, todos os elefantes do mundo eran brancos ou negros, e odiábanse entre si. A guerra non tardou en estoupar e, durante tempo e tempo non se volveu a ver ningún elefante sobre a Terra. Ata que un día saíron da selva os netos dos elefantes amantes da paz…"

Ningún comentario: