venres, 4 de maio de 2018

EduCANdo con MALIBÚ

https://photos.app.goo.gl/Dt0MiVkSba8Qb4472

EduCANdo con Malibú é un proxecto da Casa Grande de Xanceda, en Mesía, que loita contra o abandono animal. O pasado mércores, Malibú visitounos acompañado pola súa amiga Adriana. Explicounos a importancia de ofrecerlle un fogar seguro e tranquilo aos nosos animais, a ser responsables con eles, sendo conscientes de que son seres vivos, e non xoguetes.  Foi unha charla moi interesante e creo que todos namoramos un pouco de Malibú porque, como ben podedes apreciar nas imaxes, ela estaba encantada con nós; e nós deixámonos querer...

Este é un dos vídeos que vimos. Recordades como xogaba a cadela coa vaca ao espello?

Ningún comentario: